Area

Area, ti quen es?

Eu me considero unha nena que vive nun entorno no que hai moitas mulleres moi loitadoras por iso penso que eu tamén o son, teño capacidade para facer o que me propoña xa que dende pequeña fago un pouco de todo, canto, debuxo, cociño, bailo, fago ximnasia acrobatica, escribo, aunque aínda así encantame pasar o tempo co teléfono, ver tele… O típico dos adolescentes de agora.

– Na tele, nos libros, nas cancións que escoitas… atopas exemplos de mulleres inspiradoras que fixeron grandes cousas, de referentes que demostran que as nenas tamén podedes ser e facer o que vos propoñades? Hai alguna muller á que ti admires hoxe polas cousas que fai?

Pois xusto no meu aniversario me regalaron un libro que me encanta que se chama  contos de boas noites para nenas rebeldes e ten centas de historias de mulleres que loitaron e que chegaron a ser heroínas, moitas pasaron polo peor que unha persoa podería pasar, algunas sobreviviron e outras non, pero conseguiron todas o que querían…

No caso da música que escoito e o que miro na tele e mais difícil.. A miña, nai, sempre penso que sen ela miña forma de pensar non sería a mesma por que ela me ensinou a respectar e loitar.

– Es unha muller moi nova. Consideras que, coas cousas que pensas, dis e fas, tes o poder de influir na sociedade, de motivar pequenos cambios que, sumados aos de outra xente, poidan axudar a que as inxustizas, desigualdades e outras cousas fastidiosas melloren?

Si, por que eu son futuro, e como futuro que son sei que podo facer o que sexa por cambiar moitas cousas como o machismo, a violencia, a discriminación xeral… por que todos somos iguais con diferentes formas de pensar, de vestir e de físico pero todos merecemos o respecto.

– Últimamente podemos ver nos medios de comunicación moitas novas sobre colectivos que se manifestan en contra das desigualdades e inxustizas que sofren as mulleres. Ti que opinas sobre estas mobilizacións, tes participado en actividades deste tipo?

Penso que é o mellor que podemos facer para loitar e que canta mais xente se una a este tipo de mobiliacións quere decir que mais xente pensa de forma correcta, eu participei en bastantes manifestacions como a de este ano do día da muller, e a alguna da Manada.

– Se estas inxustizas permanecesen no futuro, veste con forza e ganas para unirte a este activismo pola igualdade, para mellorar a vida das mulleres e defender os nosos dereitos e liberdades?

Por suposto que si!! Pero eu teño fe de que no futuro vai desaparecer ou disminuír moito esta desigualdade, pero aínda así eu seguirei loitando para que isto desparezca e non volva mais a este mundo.

– Cando sexas maior, que definición che gustaría que aparecera no dicionario cando alguén busque o significado da palabra “muller”?

Persoa loitadora e con capacidade enfrontar calquer cousa que se lle veña por diante e que é capaz de perseguir os seus soños aínda que teña obstáculos para conseguilo.