#NinUnhaMenos Mural

#Ninunhamenos é o primeiro mural realizado no marco do proxecto Expostas. Unha peza chea de sensibilidade, realismo e forza.

Esta primeira experiencia foi adaptada ao mural elixido polo Concello de Vigo, colaborador do proxecto, sito na Rúa Gaiteiro Ricardo Portela no barrio do Berbés.

MuralExpostasPanoramico.jpg

O deseño creado por Vanesa Álvarez cubre, polo tanto, o lateral do pavellón do Berbés, nunha zona de paso moi concurrida. Para a realización do mural foron necesarios varios días, tendo en conta os paróns debido á chuvia, sempre presente, pero sempre salvable, e a preparación da superficie, moi rugosa.

Axudadas de grúa, o mural foi pintado por Vanesa Álvarez e Lorena Arévalo, principalmente, e coa axuda de Cristina Navia. Dicimos principalmente porque nos días de realización de #NinUnhaMenos visitounos tanta xente que tivemos que facer un apartado propio para as colaboracións.

Sabíamos que chamaría a atención, pero non agardábamos que fose adoptado pola cidadanía e polos medios como un símbolo, polo cal sentimos que cobra un significado especial e exponencial.

>>Acto presentación