Wöyza

– Quen é Wöyza?

Wöyza é o meu alcume de guerreira, aquela muller que conquista o seu soño como as formiguiñas, ou así é como eu o sinto cando voto unha ollada atrás, ós meus inicios.

Todo o demáis faino Sofía, unha rapaza nada no 84, nun Vigo industrial, familia emigrante e de clase obreira.

– Que implica para ti ser muller hoxe en xeral? E na música en particular?

Síntome moi cómoda sendo o que son, non mudaba. Agora ben, a loita que temos dende que nacemos, contra os roles e as imposicións sociais, familiares ou culturais, foron sempre unha das miñas maiores preocupacións, e polo tanto unha das miñas maiores inspiracións.

O proceso de entender o que somos e o que queremos ser tamén é bonito, porque estamos nunha época na que é necesario asumir o compañerismo entre nós, e deixar atrás patróns de conducta tóxicos e dañinos.

En particular participo nunha guerra aberta dentro do mundo da música. Fai tan só 5 anos recomendábanme que non protestase tanto nas redes que entón ningén me iba a contratar.

Intentábanme convencer (compañeiros e compañeiras tamén) de que as miñas queixas eran ou ben porque estaba envexosa, ou porque o meu talento non era dabondo, e tiña que asumilo.

Dedicándome a isto, evidentemente non podo dubidar das miñas fortalezas, así que o que se coñece agora como “teito de cristal” e está en boca de todos, hai 5 anos cando eu falaba disto, eran tonterías, e estaba resentida.

Non só aconteceme na vida laboral que algúns homes infravaloren as nosas opinións, talento (aínda que sexan fans, non falamos de cantar ben, senón de que se considere que o teu traballo e sacrificio esté implicito nel), as veces cren que outras persoas (homes) son as culpables do teu éxito, iso, ou debes ser unha loba. E xa non digamos do maltrato psicolóxico ou da sexualización que existe no mundo da música (mestres, productores, músicos etc), moitas mulleres abandonan antes ou tan siquera o intentan, ás veces cando o fan teñen que asumir un rol sumiso ou de aceptación dalgunhas normas extra, eles non.

– Como valoras o momento que están vivindo os distintos movementos e loitas feministas, coa proliferación de mobilizacións masivas e campañas de denuncia moi efectivas, pero tamén de certa apropiación do imaxinario e as mensaxes feministas por parte do sistema? Como ves esta dualidade?

Pois que o feminismo sexa moda, deixa moito que desexar do “ideal” de feminismo. Eu participei en varias campañas institucionais, e en moitas das manifestacións, os artistas temos unha responsabilidad social e non se pode despreciar ningunha oportunidade para facer valer o noso. Todo suma, pero entón qué resta en todo isto?. Para mín resta que se considere o feminismo como un movemento alleo ós homes (chamándolles aliados, porque a fin é a convivencia), non quero dicir que sexan a cabeza visible, nin tomen decisións por nós, senón de nada valdrían os nosos espazos, pero non debemos confundir, para mín restan os comportamentos fascistas (aínda que poida estar dacordo con todo ou parte do discurso), para mín restan as competicións entre colectivos feministas (isto non é unha competición é unha forma de vida) restan as dúbidas entre mulleres, restan a gratuidade, resta estar queixándose todo o día nas redes e despois non facer nada REAL pola súa propia vida.

Ás veces enfádame, pero tamén penso que temos que estar unidas, comprender que todas precisamos dun tempo para coñecer e recoñecer, para convertirnos en quén somos, que eu tampouco teño a verdade de nada, e é que somos froito dos nosos complexos e traumas, así que o mellor é non criticar, apoiar, estar preto das mulleres que queren denunciar, que queren loitar por ideales de igualdade e equidade, e que queren mudar a realidade.

– Segue aberto e vixente o debate sobre o papel da muller na arte, como obxecto representado e como suxeito creador. Dende o teu punto de visto, sería correcto falar da necesidade de “feminizar a cultura”? Como cres que se podería facer isto?

Traballando con independencia de xénero, se queremos igualdade temos que convencer coas nosas palabras, coa nosa psicoloxía, vivencias e visión, e por suposto teñen que estar implicados os organismos publicos, deben poñerse leis que contemplen como delito a exclusión das mulleres en tódolos sectores e neste caso do arte, fomentar nas escolas, mudar a historia nos libros de texto, desexualizarnos, en definitiva, facer un lavado radical e paulatino, que penso que xa comezou moi despacio, pero xa é un paso grande.

Para que se comprenda isto vou poñer un exemplo claro, no meu caso, como “rapeira” (definición que detesto, para mín mesma, no ambito profesional). Cando comecei case tódalas cantantes de rap imitaban a homes, e falaban coma eles, tanto na escrita como no comportamento, non había referentes, as cantantes de Soul, coma min, que estaban na cultura hiphop, tiñamos unha perna dentro e outra fora, pero claro, cantabamos, e xa era distinto (unha muller está ben se canta pero se rapea… buff “non hai mulleres que o fagan ben”, sempre escoitabas e escoitas iso da gran maioría) Eu mesma creía que era un eloxio cando os meus compañeiros me dicían que eu era “un máis” aaaagggghhh revólveseme todo só de pensar nesa frase!! XDXD

Aínda así eu procuro facer cancións para persoas, e iso sempre foi clave para min, pero son MULLER, así que quero deixar plasmado todo o meu ser, a miña visión e as miñas precupacións nas cancións que escribo.

– No eido cultural, é preciso que as mulleres tomen as rendas do proceso de produción para xerar obras e contidos cun enfoque de xénero real, plurais, respectuosos e críticos? É ese o presente da industria, ou queda camiño por percorrer?

Queda moito camiño aínda, penso que estamos na primeira xeración que é recoñecida polo “sistema”. Somos os “coelliños” do feminismo moderno. É interesante experimentar con nós mesmas e co novo proxecto de tecido social que queremos e necesitamos crear. Debemos apoiar ó talento feminino e traballar en conxunto, por suposto.

– Ti es unha muller cun perfil público destacado: es das que pensan que é preciso ofrecer referentes empoderadores ás mulleres novas, ou consideras que cada xeración debe atopar os seus camiños de construción de identidade e loita colectiva? Cóntanos un pouco sobre a tua “Pelea”.
As dúas ideas non son opostas. Temos que traballar en conxunto, pois a experiencia das xeracións anteriores é moi valerosa pero a “inxenuidade” da xente nova é moi poderosa e creba moitas veces as crenzas que ímos adquirindo na vida.

A sociedade deste país é “extraña”, no sentido de que as diferencias interxeracionais son moi grandes. Por qué é que sucede isto? Polos tabúes e pola educación sobretodo. Sería tan bó que aprenderamos uns de outros!!

Foi complicado darlle forma a este último traballo, pola miña situación, acababa de deixar a miña parella, tras unha relación tormentosa e o meu mundo musical pendulaba dun fio, así que recordei as últimas palabras que dixo a miña avóa no seu leito de morte, mentres me tocaba cos seus dedos na miña man, e susurrou: “Pelea” co seu último alento.

Pelea está adicado á miña avóa materna, unha muller moi sabia e con apenas estudos, unha persoa con moito carácter, endurecida pola vida pero que sempre tiña un sorriso e un bo consello, extraordinariamente empática. Así que este disco fala de toda esa Pelexa que deixou como legado e que aínda a día de hoxe segue a ensinarme tanto. Tódalas letras do álbum son cancións que falan dende a empatía, o sexo sentido por unha muller, as relacións tóxicas, a superación, a esperanza, o crecemento persoal e sobretodo moito amor propio.