Cristina Navia

Cristina Navia (1985) é Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. A súa decisión viu motivada polo seu interese na influencia que a economía e a organización empresarial teñen sobre todos os eidos sociais, sendo na maioría dos casos orixe das grandes decisións tomadas tanto a niveis políticos como individuais.

Coa finalidade de ampliar os seus coñecementos sobre o funcionamento da empresa privada dende distintas perspectivas, e buscando sempre a aprendizaxe activa que lle permita por en práctica o aprendido, terminados os seus estudos traballou en distintas empresas locais, desenvolvendo fundamentalmente tarefas de atención ao público.

Ao tempo, e coa intención de reciclar os seus coñecementos, actualizou os seus estudos con cursos informáticos sobre distintas ferramentas contables e fiscais, imprescindibles para poder aplicar e traballar dentro do seu campo.

Como xestora e directora económica, Cristina garante a viabilidade e sostibilidade dos proxectos que emprende Til Diacrítico, así como da xestión coherente dos recursos.