#MULLERESNASLETRAS

A cuarta edición de Expostas tivo lugar en abril/maio de 2019, cunhas protagonistas moi especiais: Inma López Silva, María Reimóndez, Silvia Penas, Ledicia Costas, Yolanda Castaño e María Xosé Queizán. Ou o que é o mesmo, algunhas das máis recoñecidas, prolíficas e valentes autoras contemporáneas en lingua galega. Nesta ocasión, o mural foi realizado nun edificio de 35 metros de altura, polo que as dimensións dos retratos son maiores que as acostumadas.

#mulleresnasletras forma parte, un ano máis, do programa de arte urbana “Vigo, Ciudad de Color”, promovido polo Concello de Vigo.