Til Diacrítico, entidade formada por Lorena Arévalo, Cristina Navia e Susana Maceiras, entra en contacto hai anos con Vanesa Álvarez, artista e deseñadora gráfica. Deste encontro nacen diferentes colaboracións e confluencia de ideas que acaban por madurar no proxecto Expostas.
Vanesa Álvarez é unha brillante creadora que xa participou nas anteriores convocatorias de “Vigo, una ciudad de color” con diferentes murais, tanto individuais como colaborativos. Foi creadora da imaxe de Rosalía de Castro na Casa de Galicia en Nova Iorque e é a precursora, xunto a Marcos de La Fuente, do Festival Kerouac, festival de poesía que conecta Vigo e Nova York.
Este proxecto é, por tanto, producto da sinerxia entre un grupo de mulleres con experiencia e formación en socioloxía, xénero, deseño, comunicación, arte mural, arte participativo e artivismo, o cal dota a Expostas dun sentido máis alá do “urbano” máis alá do representado.



