Metodoloxía

Cada intervención integrada no proxecto Expostas ten unha serie de fases:

Documentación

O obxectivo da fase de documentación non é outro que a recompilación das historias da vida das nosas protagonistas. Así, realízanse unha serie de entrevistas en profundidade, ao longo das cales, as mulleres seleccionadas teñen total liberdade para conta a súa historia dende a perspectiva desexada, destacando aqueles aspectos que consideran relevantes, e servíndose, na medida do posible, de documentos que permitan enriquecer os seus relatos.

Rexistro

A recuperación da memoria de estas mulleres e as súas distintas loitas merece, sen dúbida, ser rexistrada, para garantir o seu coñecemento e posta en valor, e evitar que caian no esquecemento. Por este motivo, dende a posta en marcha do proxecto, e ata o seu peche, lévase a cabo unha minuciosa tarefa de rexistro audiovisual e fotográfico que comeza coa fase de documentación e se prolonga durante a execución das intervencións murais.

Intervención

A fase de intervención mural é a tradución plástica do traballo de documentación previo. Cada obra exporase e execútase de acordo coas historias persoais das mulleres representadas, tendo en conta motivos, cores e texturas que vinculen cada ilustración coa narración das protagonistas. Para garantir o impacto visual destas pezas, búscanse espazos amplos, preferentemente localizados en zonas significativas na vida de cada unha das mulleres retratadas, cuxa visibilidade estea garantida.