#MulleresDaConserva

O segundo mural desenvolvido no marco do proxecto Expostas, de novo co apoio do Concello de Vigo como parte do Vigo, cidade de cor, foi realizado entre os meses de maio e xuño de 2018. Nesta ocasión, as protagonistas foron as mulleres da conserva, e contamos con tres perfís ben interesantes: Ana María Soto Landeira (asistenta social en Massó), Marisol Rivada (conserveira) e Noa Fontán (consultora de calidade en ANFACO-CECOPESCA).