#RevolucionandoMentes

Neste 2021 Expostas sae por primeira vez de Vigo, da man do Concello de O Rosal e a súa estupendo iniciativa Revolucionando Mentes, un proxecto posto en marcha polo Concello para reivindicar e visibilizar a destacadas figuras femininas da zona.

Así, o Pavillón de Deportes do municipio acolle agora o retrato de tres mulleres rosaleiras que fixeron historia. Trátase de Xulia Suárez, Rufina Domínguez e Adela Álvarez, tres perfís case descoñecidos para o gran público, pero que a comunidades de O Rosal ten ben presente, tal e como puidemos comprobar durante as xornadas de traballo. Tres mulleres valentes e excepcionais das que hoxe, grazas á actividade do Concello, é máis doado atopar información nas redes.