A quinta edición de Expostas ten lugar no mes de xullo de 2021, só uns días antes do comezo da celebración dos Xogos Olímpicos de Tokio, a XXXII Olimpiada. Un contexto perfecto para homenaxear a tantas e tantas mulleres que, pouco a pouco, con grandes dificultades pero un paso ben firme, abren camiño nun espazo tan masculinizado coma o do deporte.
Nesta ocasión os perfís escollidos para representar ás #mulleresnodeporte foron a médica e paratriatleta viguesa Susana Gacio, a futbolista (e tamén viguesa) Carolina González Portela, a xogadora de balonmán redondelá Carla Abad, a xogadora de baloncesto viguesa María Araujo, a árbitra de fútbol redondelá Elena Casal e a exatleta viguesa e docente no grao de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo María José Martínez Patiño. O edificio escollido para esta nova entrega de Expostas atópsae na rúa Mestre Chané, número 9.
dav sdr