Intervencións

Expostas está pensado para ser adaptado e activado en diferentes murais, independentemente de onde se atopen, respondendo co seu deseño ás necesidades identificadas en cada caso e consensuadas coas comunidades afectadas ou retratadas na obra.

O primeiro mural de Expostas foi #ninunhamenos, unha parede cun resultado simbólico moi forte, no seu sentido estricto, para a que contamos coa disposición, compromiso e ilusión das mulleres que quixeron formar parte del. A temática desta primeira obra conxunta é especialmente sensible, por iso queremos darlle un espazo propio onde profundizar no significado, protagonistas e revisión da mensaxe.

image(4)

 

No 2018 chegoulle a quenda ás mulleres do mar, e en concreto, ás #mulleresdaconserva, a segunda intervención realizad no marco de Expostas. Este traballo precisou de moitas horas de documentación, investigación, e unhas cantas chamadas. O resultado é unha peza na que tres perfís profesionais moi distintos ofrecen unha visión interxeracional do que significa ser muller no mundo da conserva.

Haciendo beiramar

 

Só uns meses despois da homenaxe ás mulleres da conserva, chegou o momento de facer un repaso poo #pasadopresentefuturo da muller en Galicia, no marco da Noite Branca 2018. Nesta ocasión, tratouse dun mural participativo no que as/os participantes (máis de 40) fixeron unha relectura dos tres perfís propostos, e deixaron plasmada a súa interpretación.

INTERVENCIÓN

 

En primavera de 2019, chegando xa ao Día das letras Galegas, algunhas das nosas mulleres literatas (imposible incluílas a todas) foron homenaxeadas por medio do mural #mulleresnasletras, un traballo de dimensións superiores ás acostumadas que permitiu incluír a até seis grandes nomes da literatura galega.

INTERVENCIÓN

No 2020, un ano complicado para todas e todos, chegoulle a quenda ás #mulleresenprimeiraliña que souberon manter a calma, coidarnos e sacar forza en medio da adversidade. Ese ano á homenaxe foi para todas elas, como agradecemento pola súa solidariedade, saber facer e empatía.

O 2021 foi un ano especial para Expostas, pois por primeira vez o proxecto saíu de Vigo para chegar até O Rosal, poucas semanas despois da nosa cita anual na cidade olívica. A primeira, #mulleresnodeporte, aproveitou o estupendo papel das nosas deportistas nos Xogos Olímpicos celebrados ese mesmo verán.

A segunda, #revolucionandomentes, permitir dar o recoñecemeento merecido a tres grandes mulleres rosaleiras, importantes (e queridos) referentes da vila.

A música foi o eido no que Expostas puxo o seu foco no 2022, ano no que unha selección de cinco grandes artistas (cantantes, intérpretes e compositoras de distintos xéneros) encheron de música e cor a medianeira escollida para a intervención. Son as nosas #mulleresnamúsica.